O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel da área de Deporte e presidente do CB Breogán, o nacionalista Antonio Veiga, recibiu aos xogadores de todas as categorías do Club de Baloncesto de Ribadeo, durante a súa visita ao encontro disputado entre o Breogán e o River Andorra, que tivo lugar esta fin de semana. Os xogadores que visitaron o Pazo Provincial dos Deportes convidados polo club lucense, non só disfrutaron do partido senón que tamén tiveron ocasión de charlar cos xogadores do Breogán e fotografarse con eles, así como xogar na cancha do Pazo nos descansos do partido. O Club de Baloncesto de Ribadeo é un claro exemplo de promoción do deporte de base, unha das principais liñas de traballo da área de Deporte da Deputación de Lugo, xunto co desenvolvemento deportivo en todas as comarcas da provincia.
























O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



