Lugo, 3 de xaneiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, na rolda de prensa tras a Xunta de Goberno da institución, demandou da Xunta de Galiza unha maior protección para o patrimonio cultural lucense. Nesta liña Mario Outeiro criticou que “tras o incendio do santuario da Virxe da Barca, o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, afirmaba que vai ser recuperado “custe o que custe” e se licitará de inmediato a súa rehabilitación e reconstrución. É comprensíbel que unha administración amose a súa sensibilidade ante un suceso así pero Feijóo amosou un nivel de dilixencia e compromiso que renxe moito xa que esta premura e decisión non a amosa en moitas outras ocasións nas que se lle solicita á Xunta a súa actuación para tratar de salvar bens patrimoniais e culturais. Non obstante, no que nos atinxe aos lucenses, en casos como a propia muralla, o antigo cuartel de San Fernando, os restos de Coeses ou a igrexa de Vilasouto a Xunta chega tarde ou non chega.
O delegado de Cultura e Turismo criticou que a Xunta “tardase máis dun ano en retirar as herbas e maleza da muralla, estando descoidada en plena época estival de máxima afluencia turística, e todos coñecemos cal é a situación do antigo cuartel de San Fernando, que presenta un estado total de abandono e a Xunta desenténdese por completo deste edificio singular. Do mesmo xeito que non actuou e permitiu a destrución de importantes restos arqueolóxicos en Coeses polo paso da autovía A-54 e tampouco está a apoiar como cumpriría na recuperación da igrexa de Vilasouto, no Incio, no que vai ter que ser a Deputación de Lugo quen aporte conxuntamente co Bispado a cantidade económica necesaria para salvar esta mostra do románico”.
Mario Outeiro tamén lembrou que o BNG requiriu no Parlamento Galego explicacións á Xunta de Galiza sobre a situación da declaración de BIC da colección de Álvaro Gil, sobre a que a familia do doador executou a retirada do Museo de Lugo e estas pezas atópanse nun paradoiro descoñecido. Por isoa Xunta de Galiza debe explicar se ten previsto esgotar o máximo de 20 meses a partir da incoación do expediente que establece a lei para a declaración BIC e si se ten aplicado o réxime de protección previsto na Lei para os bens declarados e concretamente tense notificado á familia de D. Álvaro Gil Varela e ao concello correspondente onde radica o ben aos efectos da incoación do expediente BIC para a colección de ourivería. É preciso tamén coñecer se stá a colección de ourivería de Gil Varela inscrita no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galiza dende a incoación do expediente de declaración e tamén, para o BNG, resulta importante coñecer se a Xunta fará o posíbel para que a colección quede en Galiza.
Redución do número de deputados no Parlamento Galego
Ao mesmo tempo, Mario Outeiro criticou a medida que pretende aprobar o PP en solitario no Parlamento Galego precisamente para reducir o número de deputados nesta institución, pasando dos 75 actuais a 61. Para Mario Outeiro, “baixo a escusa do aforro económico está a pretensión de seguir mantendo a maioría absoluta por calquera medio, adoptando unha medida que reduce a representatividade. Se o propósito fose puramente económico conseguiríase unha redución dos custes do Parlamento baixando as retribucións aos deputados, asesores, etc., ou explorando outras vías como a eliminación das Deputacións, organismos de representación non directa”.




















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



