Lugo, 22 de xaneiro de 2014.- O presidente de NNXX, Daniel Vega, denunciou este mércores o pago das comilonas a sindicalistas da UXT por parte do Ente Provincial.
Daniel Vega tildou á Deputación de Lugo como a “cova de Besteiro e os seus 288 sindicalistas” e lembrou que as invitacións, que o máximo responsable do Organismo Provincial autorizou, non foron pagadas do seu peto, senón que foron pagadas cos cartos de tódolos lucenses.
O presidente dos mozos populares en Lugo ve lamentable que o máximo responsable da Deputación de Lugo e o que aspira a gobernar a Xunta de Galicia autorizase o abono de dúas facturas cun coste superior aos 7.000 euros para pagar comidas a 288 sindicalistas de UXT, coincidindo coa celebración de dous congresos deste sindicato afín ao PSOE.
Remata Daniel Vega afirmando que posto que Xuventudes Socialistas sempre ten que decir no tocante a tódolos temas, sorprende que nesta ocasión estén tan calados, polo que o presidente provincial esíxelles que
se pronuncien e dean conta aos cidadáns se ignoran o que acontece, no que Gómez Besteiro considera a súa casa, ou, non lles interesa e é por iso que gardan silencio.