Burela, 17 de xaneiro de 2014. O salón de plenos acolleu a presentación da I Ruta BTT da merluza de Burela, que se desenvolverá o vindeiro 2 de febrero. Trátase da tradicional marcha ciclista que o Club Ciclista Burela leva organizando desde hai nove anos, pero que agora cambia de nome “debido á colaboración de Absa”, segundo explicaron esta mañá desde a organización do evento.
A I Ruta BTT da merluza de Burela ten un percorrido de 35 quilómetros cun desnivel de subida acumulado de 1.200 metros e discorre por sendeiros e camiños. Os interesados en participar poden inscribirse na páxina www.championchipnorte.es ou na tenda de bicicletas Burelabikes. O último día para anotarse será o 29 de xaneiro. Os prezos son: 15 euros para ciclistas federados e 27 euros para non federados. O Club Ciclista Burela agradeceulle ao Concello “a colaboración que nos ven prestando todos os anos poñendo á nosa disposición os medios que necesitamos para poder celebrar a marcha”.
No acto de presentación participaron o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, que lembraron que “o equipo de goberno a pesares de non ter concedido subvencións económicas nos últimas anos, sempre prestou a axuda que nos pediron que prestaramos. Agora recuperáronse as axudas e concedéronse todas as posibles, si ben é certo que nos gustaría dar máis, pero a situación económica é a que é”. Piñeiro engadiu que “nunca negaremos a axuda que desde o Concello poidamos prestar a para o correcto desenvolvemento de eventos deste tipo”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
