Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, á Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter a correspondente resposta, ben oral ou escrita.
1. Durante o año 2013, que tipo de axudas se lles prestou ás diferentes asociacións e clubs deportivos do concello?
2. No caso de que foran aportacións económicas, cales foron as cantidades destinadas a cada club ou asociación deportiva?
3. Aboóuselles a día de hoxe ditas cantidades?
4. Durante o ano 2013, que axudas se lles prestou ás diferentes asociacións culturais sen ánimo de lucro?
5. No caso de ser aportacións económicas, a cales e que cantidade se lles adxudicou a cada unha de elas?
6. Foron aboadas a día de hoxe esas cantidades?