Cervo, 18 de xaneiro de 2013- O XIX Campionato de Tute Concello de Cervo chegou ao seu remate coa tradicional cea e posterior entrega dos trofeos. Nesta ocasión o equipo gañador foi o do Paulino, que na edición número XVII tamén se fixera co primeiro premio e que conseguiu 113 puntos, a seguido do equipo de Camarote, con 93 puntos. O terceiro clasificado resultou O Trasgo, que acadou 84 puntos. Para todos eles houbo trofeos, así como para a parella con máis puntuación, David e Paulino, do equipo do Paulino.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén e o edil José Manuel Balseiro estiveron presentes na cea e participaron na entrega dos trofeos. O responsable de Deportes destacou a longa tradición e o seguimento deste campionato, que nesta edición incrementou o número de equipos que competían, un total de oito: Paulino (113 puntos), Camarote (93), O Trasgo (84), Mesón da Ría (83), Río de Oro (83), Bar Zoco (80), O Castelo (72) e Pedregal (64).
Ao mesmo tempo, Guillén resaltou tamén o “importante papel de dinamización da hostalería local do torneo, xa que cada equipo está vinculado a un establecemento do municipio e é neses locais onde se disputan os diferentes enfrontamentos”. O edil felicitou aos gañadores pero tamén a todos os participantes “por manter vivo durante tantos anos un campionato que convida a decenas de persoas a xuntarse e a compartir o seu tempo de lecer”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



