LUGO, 22 DE XANEIRO.- Os secretarios provincial e de Medio Rural, Juan Carlos González Santín e Horacio Rouco, respectivamente, presentaron este mércores a xornada informativa “O futuro de Lugo na Política Agraria Común 2014-2020”, organizada polo Partido Socialista co obxectivo dar resposta ás múltiples dúbidas que teñen os gandeiros e produtores lucenses sobre o forte impacto que suporá a entrada en vigor da reforma na provincia. Para elo, o encontro, que se desenvolverá este venres -24 de xaneiro-, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Becerreá, contará con dous expertos na materia, debido á súa condición de deputados no Parlamento europeo. Trátase do galego Antolín Sánchez Presedo, que integra a Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios da eurocámara, e da bilbaína Iratxe García Pérez, que compón a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.
Deste xeito, as xestións realizadas pola executiva do PSOE foron decisivas para que estes dous políticos que, ademais de ter un recoñecido prestixio a nivel nacional e europeo, destacan por estar especializados no tema que centra o encontro, se dén cita ese día no municipio da Montaña; zona que se atopan boa parte dos perceptores das axudas concedidas pola UE.
A este respecto, os socialistas subliñaron que a finalidade do simposio é “estreitar lazos e achegar posturas cos gandeiros e produtores da provincia, así como deseñar un plan de actuación conxunto, pois o que non podemos permitir é este xeito irracional de recibir subvencións”. En Lugo, son 15.500 os beneficiarios. Representan o 37,53% de toda Galicia, e reciben o 48% das axudas directas da Comunidade.
“Perderase unha oportunidade para lexitimar a quen vive do campo”
A nova PAC contará con menos Orzamento que a anterior. Só na partida de Desenvolvemento Rural a diminución presupostaria é do 8%. Así mesmo, segundo indicaron os dous secretarios da executiva provincial, ó priorizar o reparto en función da superficie, “perderase unha oportunidade importante para lexitimar a quen realmente traballa no campo”; o que provocará, engaden, que “os máximos perceptores das axudas en Europa sigan sendo grandes terratenientes como o Príncipe Carlos de Inglaterra e, en España, a duquesa de Alba ou Mario Conde. De aí, a necesidade de establecer uns mecanismos correctores que impidan estes efectos”.
Así mesmo, os socialistas consideran que favorece o desequilibrio na concesión das axudas, pois é o Goberno Central, de común acordo coas Comunidades, o que decidirá quen pode cobrar as axudas. “Establece un suelo con límite de axudas por abaixo, pero non un teito con límite de axudas por arriba. É dicir, prima os equilibrios administrativos, territoriais e sectoriais fronte á realidade das explotacións, e dos gandeiros. Conclusión hai agricultores e gandeiros ós que Cañete lles vai dar un bo pao e a outros suculentos ingresos”, afirmaron.
Neste senso, o secretario de Medio Rural destacou que “o que temos é que garantir o futuro das explotacións agrícolas e gandeiras na provincia de Lugo. O Parlamento europeo lexisla, por primeira vez, sobre a PAC, o que significa que está nas súas mans o futuro de millóns de persoas que viven e traballan no campo, e que aseguran uns alimentos de calidade. Por iso, o importante é delimitar o número de hectáreas, que se fortalezan as organizacións de produtores e a coordinación das autoridades nacionais de competencia para que o trato sexa igualitario a todos e, así, frear o despoboamento da provincia”.
As administracións, engadiu Rouco, “aínda pensan que as persoas do campo son cidadáns de segunda, ou sexa, xente con obrigas, pero sen dereitos. E indo máis alá, que é xente que están condenadas á emigración. Por iso, dende o Partido Socialista esiximos que o Presidente da Xunta presione ó Goberno do Estado para que estas vicisitudes que ten a nosa Comunidade e a nosa provincia sexan recollidas na futura PAC”.
“Deseñada de costas ó sector”
Neste senso, os socialistas incidiron en que a nova Política Agraria Común está “deseñada de costas ó sector agrogandeiro”, xa que, de seguirse o criterio aprobado en Europa, e co que o Executivo de Rajoy pretende seguir adiante, Galicia e, concretamente, a provincia de lugo, veranse gravemente perxudicadas. Proba delo, aseguran, é que aínda non se concretaron as medidas compensatorias para os gandeiros que fixeron grandes investimentos na compra de cota láctea, xa que, a partir de 2015, coa desregularización do mercado do leite, os dereitos de produción adquiridos “van quedar en nada”.
O sector agrario perderá renda, afiliacións e dinamismo
Con este novo reparto, indicou González Santín, o sector agrario seguirá perdendo renda, afiliados á Seguridade Social e dinamismo. A este respecto, explicou que, en 2013, o sector primario galego perdeu uns 2.000 empregos, “a terceira parte dos postos de traballo de Citroën”. Só na provincia de Lugo, foron 700. Isto supuxo unha diminución do 4,71% con respecto ó ano anterior. Na actualidade, constan como afiliadas á Seguridade Social neste reximen 13.785 persoas, é dicir, o 40% dos traballadores agrarios de Galicia, tal e como se poder ver nos seguintes cadros:
Decembro 2012 | Decembro 2013 | |||||
S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | |
A Coruña | 1.568,82 | 11.699,94 | 13.268,76 | 1.445,77 | 11.173,22 | 12.618,99 |
Lugo | 1.491,29 | 12.975,23 | 14.466,52 | 1.405,22 | 12.379,83 | 13.785,05 |
Ourense | 307,29 | 2.625,52 | 2.932,81 | 225,44 | 2.445,33 | 2.670,77 |
Pontevedra | 1.111,29 | 4.671,82 | 5.783,11 | 1.003,38 | 4.428,72 | 5.432,10 |
GALICIA | 4.478,69 | 31.972,51 | 36.451,20 | 4.079,81 | 30.427,10 | 34.506,91 |
ESPAÑA | 817.839,88 | 196.975,41 | 1.014.815,29 | 790.413,55 | 194.788,83 | 985.202,38 |
G/E | 0,55% | 16,23% | 3,59% | 0,52% | 15,62% | 3,50% |
L/G | 33,30% | 40,58% | 39,69% | 34,44% | 40,69% | 39,95% |
Fonte: Seguridade Social. Afiliados medios mes por CC.AA. e provincias segundo reximes. 2012 e 2013.
Diferenza Decembro 2012 – Decembro 2013 | ||||||
S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | |
A Coruña | -123,05 | -526,72 | -649,77 | -7,84% | -4,50% | -4,90% |
Lugo | -86,07 | -595,40 | -681,47 | -5,77% | -4,59% | -4,71% |
Ourense | -81,85 | -180,19 | -262,04 | -26,64% | -6,86% | -8,93% |
Pontevedra | -107,91 | -243,10 | -351,01 | -9,71% | -5,20% | -6,07% |
GALICIA | -398,88 | -1.545,41 | -1.944,29 | -8,91% | -4,83% | -5,33% |
ESPAÑA | -27.426,33 | -2.186,58 | -29.612,91 | -3,35% | -1,11% | -2,92% |
G/E | 1,45% | 70,68% | 6,57% | |||
L/G | 21,58% | 38,53% | 35,05% |
Fonte: Seguridade Social
Descende o emprego e sube a morosidade
O recorte e a modificación das axudas suporá, ademais, un aumento da morosidade do sector nos próximos anos. En 2013 esta subiu un 50%, pasando do 8,55 ó 12,22% e, o crédito concedido, reduciuse de case 21.000 millóns de euros no último trimestre de 2012 a un 18.700 millóns no último do pasado exercicio, é dicir, baixou 2.121 millóns. A isto hai que sumarlle, indicou Santín, que os custos de produción nos últimos 5 anos aumentaron máis dun 20%.
Crédito | Dubidosos | % Morosidade | ||||
Trimestre | Total | Agrario | Total | Agrario | Total | Agrario |
3T 2012 | 886.961.881 | 20.851.964 | 146.865.872 | 1.783.207 | 16,56% | 8,55% |
4T 2012 | 799.610.108 | 20.216.724 | 128.414.656 | 1.853.392 | 16,06% | 9,17% |
1T 2013 | 762.449.466 | 19.137.716 | 122.051.552 | 2.141.358 | 16,01% | 11,19% |
2T 2013 | 730.764.776 | 18.973.662 | 131.768.392 | 2.231.122 | 18,03% | 11,76% |
3T 2013 | 713.773.471 | 18.730.674 | 141.620.656 | 2.401.143 | 19,84% | 12,82% |
3T12 / 3T 13 | -173.188.410 | -2.121.290 | -5.245.216 | 617.936 | 19,83% | 49,90% |
-19,53% | -10,17% | -3,57% | 34,65% | 3,28% | 4,27% |
Fonte: Banco de España