O espazo agroecolóxico ESTRUGA ven de organizar por terceiro ano consecutivo un Curso de Iniciación á Poda.
Logo de desenvolver este curso, en anos anteriores, nas parroquias de Valcarria e Galdo, o espazo agroecolóxico Estruga elixiu a parroquia de Santo André de Boimente para organizar a súa 3ª edición coa colaboración do colectivo de mulleres da Fraga das Saímas, que puxo a disposición de Estruga o salón de actos do seu Centro Socio-Cultural, onde se impartiu a parte teórica deste curso de iniciación á poda.
Este curso, que se impartiu o sábado 18 de xaneiro, deu comezo ás 9.30 horas. Durante dúas horas as dezaoito persoas asistentes aprenderon de maneira moi didáctica e sinxela que tipos de poda existen, que época é a mellor para lévala a cabo, os tipos de útiles de poda e o seu mantemento, tendo ocasión tamén de facer todo tipo de consultas e plantexar as súas dúbidas ao monitor deste curso, o enxeñeiro agrónomo de Viveiros Daplanta, que aproveitou para darles algúns consellos prácticos moi útiles e algún que outra “receita caseira” para o coidado das árbores froiteiras.
Logo dunha pausa café as/os alumnas/os visitaron a finca de Adelina Lorenzo, vogal da Directiva Fraga das Saímas, e do noso veciño Manolo da Lama que moi amablemente puxeron as súas froiteiras a disposición de Estruga e seu monitor para que puideran explicarar sobre terreo como se debe facer a poda de árbores froiteiras como maciñeiras, pereiras, moreiras, figueiras, cerolleiros, claudieiras, laranxeiras, limoeiros, caquis, nísperos, entre outras. Esta visita, na que o monitor do curso aproveitou para dar tamén unhas referencia básicas sobre algunhas técnicas de enxerto nas diferentes variedades de froiteiras, rematou pasadas as 14.00 horas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



