O viveirés Hugo Andrés Pardo Gadea, licenciado en Xornalismo e profesor de español en Londres, presenta este venres, 24 de xaneiro, a súa primeira novela. O acto levarase a cabo a partir das oito da tarde no salón de usos múltiples do concello de Viveiro.
Tamén asistirán o xornalista Miguel Albo e o profesor de Lingua Galega, Bernardo Penabade. A obra, que leva por título Y entonces perdimos la inocencia, está ambientada na segunda década do século XX e conta con protagonistas británicos e alemáns.
O libro está xa dispoñible en papel e versión electrónica na web www.bubok.es, onde tamén se poden descargar de balde os dous primeiros capítulos.