Este venres 3 de xaneiro, ás 12.00 horas, Renata Otero presenta en primicia o seu libro “3…2…1…” na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela. ” 3…2…1…” é un libro de artista de serie limitada froito da improvisación gráfica e literaria. Nel Renata constrúe un conto para adultos que xira en torno á idea da crise como unha oportunidade para o avance persoal. O texto é unha peza cativiña (22 páxinas) cheo de imaxes que teñen como única pretensión arrancar un sorriso dos seus lectores e lectoras. Sen pretensión de dogma nengún, Renata comparte un documento inédito donde fala, de novo, en primeira persoa para mandar unha mensaxe positiva.
Presentación libro de Renata Otero
Presentación libro de Renata Otero
Relacionado
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR