Ribadeo, 17 de xaneiro de 2014. O equipo de goberno crea unha ordenanza para regular as prestacións económicas destinadas a familias de Ribadeo en situación de emerxencia ou urxente necesidade e outra ordenanza para facilitar o acceso de nenos e nenas de familias en situacións económicas desfavorables ás actividades dirixidas a menores que organice o Concello. Estes asuntos analizaranse na comisión informativa que se celebrará o vindeiro luns, 20 de xaneiro, segundo daba a coñecer este venres o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “os asuntos que irán á vindeira comisión informativa, previa ao pleno, son todos de carácter social. Pretendemos regular as prestacións económicas para familias de Ribadeo en situación de emerxencia ou de urxente necesidade. Serán achegas, como o viñan sendo ata o de agora, pero reguladas. Terán carácter de subvención directa e non poden ser periódicas”. E poñía coma exemplo quen as poderá recibir: “a alguén que o estea a pasar mal nun momento determinado desde o Concello poderáselle axudar coas necesidades básicas como poden ser os alimentos, o vestido, as menciñas, gastos de desprazamento a centros sanitarios, gastos de vivenda habitual coma o aluguer, pero sempre con carácter puntual non de xeito sistemático e periódico. Serán axudas para saír dun bache e sempre que os informes técnicos dos servizos socias digan que cumpren os criterios esixidos”.
A outra ordenanza que crea o equipo de goberno pretende formentar a igualdade, segundo Fernando Suárez: “tamén, e penso que somos pioneiros na comarca e dos poucos de Galicia, imos crear unha nova ordenanza que regule algo excepcional e relativo aos menores. Non queremos que ningún neno e ningunha nena que viva en Ribadeo, que porque os seus pais non dispoñan de recursos que lles permitan costear aquelas cousas que organizamos desde o Concello como escolas deportivas, a Escola de Música, os campamentos urbanos, todas aquelas cuestións de índole social, cultural ou deportivo, non queremos que deixen de asistir porque non teñan recursos os seus pais”.
O alcalde subliñou que “queremos que en Ribadeo todos os nenos e todas as nenas sexan iguais e que coa igualdade veña tamén a xustiza, e é para o que nós entendemos que deben estar as administracións públicas, que é para intentar redistribuír a riqueza e que haxa igualdade e xustiza. Si perdemos a igualdade non haberá xustiza e desde o Concello é o que queremos facer para os veciños e veciñas de Ribadeo”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



