A directora da axencia de viaxes Mundo Galaico, Susana Conde, presentou este venres no seminario diocesano Santa Catalina de Mondoñedo o seu último proxecto turístico a través do que baixo o título de ‘Descubre Galicia’ trata de vender experiencias coas que poñer en valor un territorio “rico” como é a Mariña Lucense.
‘Descubre Galicia’ abarca gran parte do territorio galego e durante a presentación Susana Conde deu a coñecer os productos que pretenden comercializar dentro da comarca, e así desta forma “seguir con la ilusión que teníamos cuando abrimos las puertas de la empresa, que es establecer nuestra agencia receptiva y dar a conocer a nuestros visitantes el importante patrimonio natural, cultural y gastronómico que esconde Galicia”.
A directora de viaxes Mundo Galaico remarcou que os paquetes comercializados “no se tratan de simples servicios turísticos, si no que intentamos vender experiencias, que el cliente se involucre realmente en el territorio, en la gastronomía, en la cultura…”.
Paquetes turísticos
A Mariña en Estado Puro.- O primeiro paquete que se desenvolve na Mariña Lucense, – durante dúas noites e con aloxamento en casas de turismo rural da comarca -, inclúe visitas aos municipios de Ribadeo, -praia das Catedrais, visita á propia cidade e ao seu faro -; Lourenzá, -Mosteiro de San Salvador ou o Museo da Faba-; Cervo, -Sargadelos-; San Cibrao, -cidade e Museo do Mar-; e Mondoñedo, con visita á cidade e, sobre todo, á xoia que é a Catedral, onde “proponemos como experiencia única la visita a su curioso cementerio o un paseo realizando el recorrido por los escudos y edificios históricos de Mondoñedo”.
De viaxe por Taramundi e Mondoñedo.- A parte disto, Susana Conde explicou que o proxecto é máis extenso ao decidir unir estes recursos co occidente de Asturias, e xurde así un paquete conxunto con Taramundi. Nesta proposta de catro noites abárcanse recursos cercarnos do territorio asturiano, co obxectivo de que amantes da artesanía, a arte e o sendeirismo en medio rural, coñecan de primeira man a gran variedade que ofrece esta zona do Occidente de Asturias e Oriente de Galicia.
A proposta, que da inicio en Asturias, inclúe unha ruta de sendeirismo, -Ruta da Auga-, ao longo da que se pode observar a casa Museo Esquíos e o conxunto etnográfico dos Teixois. Os visitantes poderán visitar un taller artesán no que se realizan pezas únicas de cuchillería, ademais, unha vez en Galicia, tamén inclée visita ás Catedrais, Mondoñedo e San Cibrao, onde tamén poderán participar en rutas de sendeirismo e incluso nun ‘obradoiro’ especial sobre a elaboración da tarta mindoniense.
Experiencias de norte a sur da provincia.- A terceira experiencia unindo de norte a sur a provincia de Lugo, propón dúas noites na Mariña lucense, dúas noites en Lugo cidade e dúas noites na Ribeira Sacra. Neste caso, segundo explicou Susana Conde, estase falando de experiencias pesadas e deseñadas para parellas, familias, pequenos grupos familiares ou de amigos…
Especial grupos.- Pensando en grupos grandes, o programa contén a opción final do folleto, que é un circuito polo Norte de España que de igual maneira e durante o quinto día se mostran os principais recursos da Mariña Lucense.
Comercialización
O resto das experiencias pódense encontrar na web www.viajesmundogalaico.com. Na portada da páxina na sección “Experiencias únicas” encóntranse máis paquetes centrados na Mariña lucense. Ademais na mesma páxina, pero á esquerda encóntrase este folleto no apartado “Descubre Galicia”.
A axencia está a preparar unha comercialización inicial que cara aos mercados extranxeiros se dirixe cara Francia, Inglaterra, Alemaña, Suiza, Bélxica e incluso cara a zona dos Balcáns, tamén cara os EUA teñen contactos en mercados como Canadá, Costa Rica, Arxentina e Nova York.
Aposta clara pola desestacionalización do turismo
Susana Conde explicou que a intención é que “Descubre Galicia” non sexa un simple folleto turístico, senón que se converta nun punto de inicio de posta en valor e comercialización conxunta deste territorio e contribuír á desestacionalización do turismo nesta zona. “Todos tenemos claro que en Semana Santa y de julio a septiembre no es necesario hacer campaña ni crear productos, pero desgraciadamente queda mucho tiempo muerto y con este tipo de productos pretendemos cubrir ese hueco del mercado”. “Cualquiera de las experiencias se podrán presentar en cualquier época del año”, explicou.
Traballo conxunto
Con “Descubre Galicia” intentáronse recopilar os máis destacados recursos turísticos, involucrar ao maior número de establecementos da Mariña lucense, restaurantes, empresas de actividades, artesanía e incluso Institucións, asociacións… Desta forma deseñáronse paquetes ou experiencias para comercializar tanto de forma directa dende Mundo Galaico como a través doutras axencias de viaxes coas que se teñen contacto tanto nacionais como internacionais.
Susana Conde agradeceu á Axencia Galega de Turismo, que prestou apoio económico ao proxecto, e permite que a vindeira semana se distribúan os primeiros exemplares no stand de Galicia ubicado na feira de turismo de Madrid, en FITUR.
A directora da axencia quixo tamén invitar a todas as Administracións locais e provinciais a traballar nunha mesma liña ou dirección e ademais, a traballar conxuntamente coas empresas privadas do seu territorio para levar a cabo máis proxectos coma este, “creemos que este puede ser un buen ejemplo o un buen punto de partida de cómo se puede trabajar eficazmente entre Administraciones y empresas privadas”. Así, Susana Conde reiterou que este é un proxecto vivo para que se integren máis institucións e máis establecementos.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



