O colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA está a organizar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro que consistirá na lectura pública de poemas no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Este recital estará protagonizado por unha ducia de veciñas e veciños de Viveiro e vaise celebrar o luns 24 de febreiro coincidindo co Día de Rosalía. O colectivo viveirés animou a unha ducia de conveciños, de distintas profesións e procedencias a participar neste acto público. Así, neste recital intervirán, empresarios, comerciantes, mariñeiros, músicos, xubilados, empregadas da hostelaría, ou xornalistas. O acto que dará comezo ás oito e media da tarde, desenvolverase no salón do Conservatorio profesional de Música de Viveiro e contará probabelmente con unha actuación musical.
12 viveirenses recitarán a Rosalía o 24 de febreiro
12 viveirenses recitarán a Rosalía o 24 de febreiro
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”