Ribadeo (Lugo), 25 de febreiro de 2014.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou este martes en Ribadeo xunto con responsables de Acisa- Centro Comercial Aberto de Ribadeo a nova campaña de dinamización comercial Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que botará a andar na localidade mariñá o vindeiro luns, 3 de marzo.
Vázquez Abeal destacou que con esta iniciativa, que percorrerá Galicia durante todo o ano, a Consellería de Economía e Industria busca reforzar o comercio de proximidade ao tempo que incentiva as vendas nas vilas e cidades galegas. A directora xeral, que salientou o importante traballo que desenvolve Acisa no impulso ao comercio ribadense, explicou que os clientes dos establecementos asociados recibirán durante o mes de marzo un cupón por cada 5€ de compra no que poderán participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com, no que, votando ao seu establecemento favorito, poderán conseguir diferentes agasallos.
No caso de Ribadeo, haberá premios en metálico para mercar no pequeno comercio por un total de 650 euros, repartidos nun vale de 200 euros, dous de 100, un de 50 e dez de 20 euros. Ademais, ao remate do mes que durará a campaña, o establecemento ribadense escollido polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.
A directora xeral de Comercio salientou que un dos obxectivos desta nova campaña, que resalta os valores do comercio de proximidade, como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade, é impulsar o asociacionismo, apoiando o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos, unha fórmula que permite o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.
Neste sentido, lembrou que a Xunta vén de activar o programa de apoios para as asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e as prazas de abastos, dotado con 2,2 millóns de euros, e do que o ano pasado se beneficiaron tanto Acisa como a asociación de vendedores da praza ribadense.
No seu encontro cos comerciantes da localidade mariñá, Sol Vázquez Abeal fixo tamén fincapé no novo programa de axudas de ata o 50% e ata 10.000 euros para a apertura de novos establecementos comerciais posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria, co que se incide no impulso ao emprendemento no tecido comercial, complementando as iniciativas fomentadas na nova Lei do Emprendemento e da Competitividade de Galicia, entre as que destacan a simplificación administrativa grazas á eliminación con carácter xeral das licencias municipais de obra e actividade.
Ademais de en Ribadeo, a campaña Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, botará a andar o vindeiro luns nos centros comerciais abertos do Carballiño, Caldas de Reis e do Calvario (Vigo), así como no CCU Zona Monumental de Pontevedra.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



