Burela, 5 de febreiro de 2014. A casa da terceira idade de Burela acollerá o programa denominado Axilmente, que é un obradoiro de ximnasia mental para que as persoas maiores de 65 anos melloren a súa calidade de vida. Esta actividade, que é gratuíta, empezará o día 18 deste mes e rematará o 15 de maio. Desenvolverase os martes e xoves de 17 a 18:30 horas e o prazo de inscrición remata o vindeiro 14 de febreiro.
A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán García, explicou que é “un obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que incidindo nelas, as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades diarias e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no ámbito sanitario como no cognitivo”.
Diana Durán engadiu que “este obradoiro de ximnasia mental busca o tratamento da persoa maior como un todo no que se traballan as distintas áreas que son necesarias para manterse autónomo/a o maior tempo posible e diminuír os factores de risco de padecer certas enfermidades, sobre todo, o alzheimer o outras doenzas neurodexenerativas”.
A edil rematou comentando que “a intervención con maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de futuro. O fin último é previr a dependencia e afrontar o envellecemento dende unha actitude positiva e aberta”.
A inscrición para participar debe realizarse na Casa do Concello desde xa e ata o vindeiro 14 de febreiro en horario de 8:00 a 15:00 horas e os interesados teñen que presentar o DNI. Tamén poden facer consultas sobre esta iniciativa chamando ao teléfono 982 58 06 09.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



