O vindeiro domingo, 2 de marzo vaise a celebrar o desfile de entroido que se vai desenrolar polas principais ruas da vila de Ferreira de O Valadouro. A inscrición pódese facer ese mesmo día ata as 16:30 horas no local social do Parque Concepción Arenal ou tamén informarse e inscribirse nas oficinas da casa da cultura ata o día 1 de marzo en horario de oficinas. O percorrido deste ano recibe un cambio sustancial con respecto ó que se viña realizando en edicións anteriores xa que partirá do Parque Concepción Arenal, Rúa Andres lopez Palmeiro, Rua Xistral, Avda. Deputación, Rúa Leandro Buján, Rúa José Antonio Ferreiro González, Avda de Viveiro, Rúa Andrés López Palmeiro e remate na Praza de Santa María.
VIII MERCADO TRADICIONAL DE PRIMAVERA
Tamén desde a Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro estamos organizando e coordinando as multiples actividades que se van levar a cabo en torno á edición VIII do mercado tradicional de Primavera que este se celebra o 29 de marzo. Este ano auméntanse o numero de stands para a venda de productos de horta e de artesanía e a superficie adicada ós talleres de demostración de oficios ancestrais que nasactualidade están a perderse. Por tal motivo, está aberto o prazo para a inscrición dos numerosos postos que poñemos á disposición. Os interesados poden facelo nas oficinas da casa da cultura de luns a vneres de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:30 e os sábado de 10:00 a 13:00 ou ben no teléfono 982.57.15.16 ata o 14 de marzo.