A Deputación atendeu 80 incidencias por mor do vento deste martes, rexistradas en estradas provinciais, principalmente da Mariña, así como da zona centro luguesa. Consistiron, na súa maioría, na retirada de árbores das vías.
Ante a alerta vermella, o organismo provincial mobilizou á Costa luguesa un dispositivo especial, composto por composto por 44 operarios e 23 máquinas. Ata o momento, este operativo actuou en medio cento de incidencias, acontecidas en Viveiro, o municipio que contabiliza o maior número das mesmas, con 11 actuacións por parte do dispositivo do Deputación; Barreiros, con 10 intervencións; Foz, con 9; Cervo, con 8; Xove, con 7; e A Pontenova, con 5.
A institución atendeu, ademais, outras 30 incidencias acontecidas, neste caso, na zona centro luguesa. Para elo, mobilizou outra ducia de operarios, que actuaron en 7 emerxencias rexistradas en Muras, 7 en Castroverde, 5 en Castro de Rei, 4 en Cospeito, 4 en Friol e 3 en Sarria.
A Deputación segue a traballar, principalmente, na Mariña. Todos os medios depregados seguirán en alerta ata que remita o temporal.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



