As obras gañadoras e finalistas do primeiro Premio de Artesanía da Mariña “Alma da Artesanía” poderase visitar durante todo o mes de febreiro na Oficina de Turismo de Ribadeo, situada na rúa Dionisio Gamallo Fierros, en horario de mañá -dende as 09.00 ata as 14.00 horas- e polas tardes -de 16.00 a 19.00 horas- de luns a venres. Os sábados o centro abrirá unha hora máis tarde pola mañá.
As obras expostas son:
“Cuna”, Miguel A. Fernández González, na categoría tradicional á que tamén pertencen outros 5 premios adquisición: “Modelo de Trainera”, de Francisco Fra Rico; “Reunión Familiar”, José María Rodil Arruñada; “Panella na lareira” de Felix Antonio Paz Souto; “Enxebre”, de María Luz Méndez Rodríguez; e “Rasco. Aparello para marisco”, de María Jesús Alonso Pérez.
“Acollimento”, de Pilar Rei Teixeiro, resultou ser a obra gañadora da categoría contemporáneo; pero tamén se expoñen outros 5 premios adquisición na categoría: “Medusa”, de Pilar Elvira Felipe; “Lámapra cubos”, de Francisco Fraga Fernández; “Ánfora arqueoloxía”, de María Carmen López Dovale; “Anfora rachada”, de María Dolores Trasancos Castelo; e “Terrón de azucre”, de Hilario Rubal García.
O Premio de Artesanía “Alma da Artesanía”, configúrase como un recoñecemento institucional ao sector artesán da comarca e a súa traxectoria. Dotado economicamente dentro do proxecto “ALMA DA ARTESANIA”, auspiciado pola AXENCIA GALEGA DE TURISMO e a MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE A MARIÑA, está dirixido aos artesanos ou talleres artesanais que teñan o seu domicilio e desenvolvan a actividade na Mariña de Lugo.
A súa finalidade pasa por:
– Recoñecer o traballo dos artesanos/as e empresas artesanas de A Mariña de Lugo.
– Prestixiar a artesanía, presentándoa nunha contorna de calidade e excelencia.
– Recoñecer os méritos daquelas empresas artesanas que destaquen pola súa creatividade, adaptación ao mercado e capacidade de innovación, conservando as características específicas que as definen. Asi como fomentar a aposta pola artesanía tradicional e a contemporánea, para impulsar a súa competitividad e a súa adaptación ás novas demandas dos consumidores.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



