A Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos (Acisa) de Ribadeo sorteará este xoves 13 de febreiro, once ceas para dúas persoas, cada unha, na súa campaña promocional de San Valentín. Os clientes que realizaran as súas compras desde o pasado 1 de febreiro nos establecementos asociados e cubriran as papeletas que lles entregaron entrarán no sorteo. As cenas serán en: A Dorada do Cantábrico, La Quinta, La Villa, Marinero, O Cabazo, O Forno, O Lar de Manolo, O Tumbín, Parador de Turismo, San Miguel e Voar. Os afortunados poderán disfrutar o seu agasallo celebrando o día dos namorados no establecemento que lles corresponda.
ACISA Ribadeo sortea 11 ceas por San Valentín