Noa Presas: “É terrible para as galegas ter que ver que un goberno que en teoría ten que protexer os nosos dereitos ten un posible agresor sexual”
Santiago de Compostela, 4 de xuño, 2025. A responsable de Acción Feminista do BNG, Noa Presas, reclamou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “non se agoche” e dea con urxencia explicacións pola “extrema gravidade” da imputación do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, por un suposto caso de agresión sexual.
“Isto é dunha gravidade extrema, porque é terrible para as mulleres galegas ter que ver como un goberno que, en teoría, ten que protexer os nosos dereitos, ten un posible agresor sexual”, asegurou a tamén portavoz de Igualdade do Bloque no Parlamento, quen subliñou que “unha denuncia deste calado non é un asunto exclusivamente privado”.
É por iso que o BNG reclama que as acusacións ao conselleiro do PP “teñen que ser investigadas ata as últimas consecuencias”.
Tras recibir “con absoluto horror” a noticia da dimisión do conselleiro por unha acusación de agresión sexual, Presas amosou todo o apoio do Bloque á persoa denunciante e reclamou para ela a “máxima confidencialidade e seguridade”. A deputada nacionalista quixo, ademais, enviar unha mensaxe a todas as mulleres do País: “Isto é terrible, pero temos que velo tamén desde a perspectiva de que se hoxe un home poderoso pode ser imputado por unha cuestión así é tamén porque o feminismo ten avanzado nos últimos anos e porque as mulleres non calamos ante este tipo de situacións”.






















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.



