A Aula Universitaria da UNED de Foz ten previsto ofrecer cinco cursos nos dous vindeiros meses. Por unha banda, ‘Inglés para fines Turísticos’ (20 horas) que se desenvolverá os mércores de 17.00 a 19.30 horas do 12 de febreiro ao 9 de marzo de 2014. Tamén ofrecen ‘Programación Neurolingüística’ do 21 de febreiro ao 8 de marzo cun total de 30 horas, por streaming. O II Seminario: Jurisprudencia en Derecho Civil levarase a cabo entre o 25 de febreiro e o 25 de marzo cun total de 12 horas por videoconferencia. Así mesmo, a primeira parte do curso ‘Educación Emocional’ conta cun total de 20 horas das que 10 serán presenciais e 10 de traballo on line que se poderán realizar o 26, 27 e 28 de febreiro. Finalmente, comunican a oferta dun curso de ‘Primeros Auxilios’ que se poderá realizar o 14, 15, 21, 22 e 28 de marzo cun total de 40 horas (20 horas presenciais e 20 horas a distancia). Os interesados poden recibir máis información na UNED-Aula Universitaria de Foz no teléfono 982 133 699 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Cinco novos cursos na Aula da UNED de Foz