Inspirado libremente no texto “Le ultime lune” de F.B., “O país do Pato Donald” é unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura que vive os seus últimos días a cabalo entre a realidade e as lembranzas dunha vida anterior moito máis rica e idealizada. A compañía Lagarta Lagarta achega a Viveiro este espectáculo baseado esencialmente na fermosura do texto e nas interpretación dos actores Ernesto Chao e Rosa Álvarez, onde se aspira en todo momento en traspasar as emocións dos personaxes ao público dun xeito real e auténtico. Un espectáculo onde todos nos podemos identificar e no que todo sabe a “verdade”. Será o Teatro Pastor Díaz o que acolla esta representación teatral a partir das 20.30 horas cunha duración de 85 minutos e baixo a dirección de Xulio Lago.
