Lugo, 19 de febreiro de 2014. En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) no goberno bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea: unha aposta por unha produción de alimentos sans e de calidade.
Deste maneira a CMR e os titulares das explotacións gandeiras asumían durante cinco anos unha serie de compromisos. Por unha banda os gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas relacionadas coa hixiene e a sanidade animal, co correcto mantemento da superficie agraria e coa propia orientación da recría nas granxas, fomentando así as razas autóctonas. Por outra banda, a CMR comprometíase ao pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor.
O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, dado que non podía eliminar estas axudas, comezou un constante recorte dos importes que reciben os labregos/as (xa na campaña 2011 o retallamento chegou a un 45% sobre a cantidade inicial), pero foi na campaña correspondente ao ano 2012 que, aínda agora se ven de resolver, cando a “machada” do executivo de Núñez Feijoo mostrou o seu peor fío.
Nesta anualidade, o orzamento para facer fronte aos compromisos adquiridos por parte da Xunta de Galiza reduciuse aproximadamente a unha cuarta parte do importe asignado no inicio do programa no 2008, o que supón que sobre o 75% das solicitudes de renovación de compromisos no ano 2012 van quedar fora das axudas, iso si, unha vez que as explotacións afectadas si que cumpriron coas súa obrigas.
Temos que lembrar que esta mesma campaña 2012, xa sufrira un intento de ser “saltada á toreira” por parte do Goberno Feijoo, pero que, despois da campaña en solitario levada a cabo pola Federación Rural Galega-FRUGA nas principais comarcas afectadas, xunto coa presentación de recursos de reposición e queixas ao Valedor do Pobo por parte de gandeiros/as afectados/as, onde se esixía á Consellería do Medio Rural e do Mar que rectificara e que se fixeran efectivos os importes destas axudas, deu resultado e forzaron ao Partido Popular a mudar de opinión e a manter finalmente este programa ata o final.
Desde FRUGA vemos con preocupación este novo atentado contra as gandeirías galegas en xeral e contra as granxas extensivas en particular, estas axudas orientan a produción de carne cara dúas potencialidades que envexan noutras zonas produtoras: as nosas razas e os nosos pastos. Desaproveitar as nosas potencialidades, tal e como fai a Xunta, é unha irresponsabilidade: por que renunciar a producir unha carne de excelente calidade dun xeito que en poucas áreas xeográficas se pode facer e así marcar distancias cos nosos competidores dereitos?
Tamén temos que ter presente que moitas explotacións con razas autóctonas en perigo de extinción estaban acollidas a este programa, sen o cal o mantemento e a viabilidade destas granxa dificúltase enormemente, polo que con estes recortes ponse en perigo a supervivencia do noso patrimonio xenético e cultural.
Do mesmo xeito non comprendemos como esta Xunta de Galiza castiga a produción extensiva, xa que é o tipo de orientación que se vai primar na nova PAC e que tamén é a liña a seguir polos restante países europeos atlánticos. En lugar diso, o Partido Popular vai por libre, e escolle fomentar un modelo de produción que se atopa nun túnel sen saída: o da compra de alimentos alleos ás propias explotacións.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



