Nordés Faladora propón para este sábado 1 de marzo, a partir das catro da tarde, unha nova actividade distinta ás ata agora feitas pola asociación: a iniciación á poda de froiteiras.
A devandita actividade estará dirixida por Henrique Puentes, mestre e fruticultor, e consistirá nunha clase teórico-práctica dividida en dúas partes. A primeira desenvolverase no Salón de Actos da Casa do Concello de Mañón a partires das 4 da tarde, e na cal Henrique amosaranos o xeito de afrontares a poda das froiteiras en xeral, e de xeito máis particular das maceiras, pois serán istas arbres as protagonistas da 2ª parte, xa práctica, a partires das 6 da tarde nos pomares do compañeiro Jaime Casás.
Nordés con esta actividade quere, como se dixo, abrir un novo capítulo na divulgación do patrimonio, neste caso natural ó tempo que económico, máis tamén chamar a atención sobre as posibilidades de desenvolvemento da bisbarra nun sector que está tan só orientado basicamente á producción de mazá para a sidra, e non dun xeito moi productivo, todo é decilo, cando agora mesmo o cultivo ecolóxico estase amosando como, ó tempo que máis respetuoso co medio ambente, tamén como un sector con moito futuro.