O BNG de Xove pregúntase se “aínda hai alguén que non se decatou de canto cobra o noso alcalde”. Nese sentido, recorda que “na prensa saíu publicado hai uns días, ademais de repetilo nós no BNG ata a saciedade, no Aguillón, na radio, na prensa escrita, nos mitins,… ata nos bares! Anda polos 54.000 euros máis as súas correspondentes dietas, achegándonos así aos 60.000 euros”.
Coa nova lei que aprobou o Goberno do Estado so poderá cobrar 40.000 euros, pero pode facelo a partires de xuño de 2015, mentres tanto, pode seguir cos 54.000 porque o Concello ten as contas saneadas. Nese sentido, o voceiro nacionalista, Carlos Fernández, pregúntase “que terá que ver unha cousa coa outra?”. “Dende logo non se pode discutir a legalidade da norma, agora a ética…”, remarca. “Parece que hai algún alcalde coma o de Barreiros, Burela ou o de Xove que lles costa un pouquiño desprenderse dese privilexio de soldo que se autopuxeron e non se van desfacer del así de primeiras”, critica o nacionalista.
“Porque Demetrio non toma exemplo doutros alcaldes e alcaldesas que baixaron o seu soldo? Entre eles o de Ponte Caldelas e Lourenzá, ambos do PP e coas súas contas tamén saneadas, pero aínda así, rebaixaron o soldo. Ou porque non mira para Fernando Suárez, do BNG, que podendo cobrar 50.000, non chega sequera a 40.000 euros?”, segundo propón Carlos do Cristo.
Así pois, “desde o BNG preguntaremos por isto no próximo pleno do luns, a ver se é que en Xove só se aplican as ordes do PP cando se trata de eliminar prestacións e subir taxas e non cando afectan ao peto propio”.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



