“Ven ó Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” con este lema a Asociación de comerciantes de Viveiro pon en marcha a campaña de San Valentín sorteando entre os seus clientes 7 Ceas Románticas e con encanto.
Nos próximos días os locais asociados entregarán ós clientes coas súas compras as papeletas para entrar no sorteo. Deberán cubrilas cos seus datos e depositalas no propio comercio. O sorteo realizarase o venres 14 de febreiro na oficina da Asociación, comunicando vía telefónica o resultado a tódolos gañadores.
A cea poderá desfrutarse o sábado 15 de febreiro nos locais participantes, cada cea nun dos locais, que son: Mesón A Baiuca, Restaurante o Muro, Restaurante O Asador, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho e Mesón Imperial.
Repartiranse un total de 10.000 papeletas ata as compras realizadas o xoves 13 de febreiro.
O obxetivo da campaña é promocionar o comercio local, o comercio da nosa vila, e obsequiar ós clientes con algo tan especial para desfrutar nesta data, apostando por un servizo profesional e de calidade.
As bases do concurso poden consultarse na web da Asociación www.viveirocentro.com.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



