O Colectivo chilindrín PENALBA, celebrou este pasado sábado a súa Asemblea xeral Ordinaria, coa participación de numerosos socios. Na mesma, ademais de realizar un repaso da actividade realizada o pasado ano, serviu para anunciar a programación para o ano 2014.
A asociación programa, varios actos para celebrar o 30 aniversario da ACD PENALBA, que se cumpre este ano 2014. Entre as actividades programadas, destaca a realización dunha exposición, que repasará os 30 anos da asociación e que se celebrará no mes de xullo. Ademais terá lugar unha gala-aniversario con moitas sorpresas que se celebrará en Celeiro.
Así mesmo, como actividades inmediatas, anunciaron a celebración do Baile de Antroido o sábado 1 de marzo na Casa do Forno a partir das 22.30 horas, coa actuación dun grupo musical e do DJ Kanu, e con premios para os mellores disfraces.
A Asociación adianta a programación do verán, na que organizarán por quinto ano consecutivo as Festas Patronais e do Mar de Celeiro.
O calendario será o seguinte:
Sábado 12 de xullo: IX FESTIVAL ARREAOCABO
Sábado 19 de xullo: XVII FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO
24, 25, 26 e 27 de xullo: FESTAS PATRONAIS E DO MAR
Súmanse a esta programación as actividades habituais da asociación: coro, remo, danzas, gaitas, pilates, bailes de salón, clases de guitarra e taller de memoria.