Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na tarde de onte.
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
– Individuais: Xadrez e Damas;
– Parellas: Construcción de Puzzles;
– Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 31 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 3 de febreiro pola tarde, rematando a xornada cunha sesión de aerobic na que participou todo o alumnado.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargáronse as profesoras de Educación Física e o profesor de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.
Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:
– Xadrez: Artai Fernández (1º A);
– Damas: Enrique Cortiñas (2º A);
– Puzzles: María Basanta e Laura Fernández (1º A);
– Baloncesto Feminino: Equipo de 2º B (Floricia, Iria, Telma, Mirella, Antía,
Ana, Sara e Katia);
– Baloncesto Masculino: Equipo de 2º B (Andrés, Alberto, Pablo, Christian,
Jordane)
– Fútbol Sala Feminino: Equipo de 1º A/B (Claudia, Laura, Antía, Lucía,
Andrea R, Tania e Andrea S.)
– Fútbol Sala Masculino: Equipo 1º A (Cleiton, Edmilson, Aarón, Jairo,
Edilson e Adilson).