LUGO, 14 DE FEBREIRO.- O Partido Socialista, ante a información publicada por distintos medios de comunicación nos últimos dous días, e na que se asegura que o Porto de Ferrol pagou 22.000 euros a conselleiros sen asistir ás reunións do consello, entre os que se atopa a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, esixen que a representante do Partido Popular dé explicacións públicas sobre a súa participación na actividade da autoridade portuaria, pois “estamos a falar de cartos públicos, de cartos que pagamos todos os galegos e todos os lucenses”, afirma o secretario de Organización.
Deste xeito, Carlos Ferreiro, logo de que a Delegada Territorial aínda non se pronunciase ao respecto, pide “máis transparencia e rigor” neste asunto, tal e como fixo o compañeiro de Partido, Diego Calvo, quen compareceu ante os medios de comunicación tan só un día despois “por responsabilidade e sentido ético”, recoñecendo, ademais, que, efectivamente cobrou máis de 4.500 euros neste concepto, pero que os devolveu posteriormente.
O silencio da Delegada
“Sinceramente, subliña, agardabamos que a Sra. Raquel Arias concretase como e cal foi a súa participación neste padroado, pero lamentablemente segue calada”. Por este motivo, os socialistas piden que a Delegada Territorial aclare a cantas reunións asistiu dos 28 consellos celebrados dende xaneiro de 2012 a xullo de 2013 e se cobrou polas non asistencias, tal e como se fixo público esta mesma semana.
Os socialistas consideran necesario que os populares concreten cada un destes asuntos, amparándose no Recurso de Apelación nº 11/99 (Procedemento de xuízo de contas nº 9/96) do Tribunal de Contas. Concretamente, o documento di o seguinte: “(…) está claro que el que no asiste a las reuniones, ni sufre costes indemnizables ni ha de posponer o cancelar actividades alternativas, polo que la indemnización es improcedente al carecer de causa (…)”.
E é que, malia que hai unha normativa común que rixe para todas as radas de competencia estatal como a de Ferrol, dende a última reforma legal (2/2011) cada Autoridade Portuaria ten a liberdade para fixar a contía das retribucións que dan aos seus conselleiro. Non obstante, estas retribucións axústanse aos criterios establecidos por Facenda.
A 3ª parte do orzamento acabou no petos dos que non asistían
As contas de 2012, publicadas o pasado ano por primeira vez na web do porto, especifican que a partida destinada a retribuír ao consello foi de 75.934 euros en total. A auditoría de Facenda subraia que 22.166,52 euros do orzamento foron para pagar dietas por asistencia sen concurrencia efectiva. É dicir, que case unha terceira parte do montante “acabou nos petos dos conselleiros que non asistían”, tal e como se desprende do informe da Intervención Xeral da Administración do Estado, que se ocupa de auditar as contas dos entes públicos.
Así mesmo, segundo especifica o documento, as arcas públicas tamén se fixeron cargo de tres multas de tráfico e alerta de que os gastos por acudir a feiras se dispararon un 157% en 2012 con respecto ó exercicio anterior.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



