Varios veciños do barrio da Cruz da parroquia de Covas, manifestáronnos a súa preocupación pola situación en que se encontra unha rúa deste barrio debido á caída dun muro de pedra duns catro metros de longo por dous e medio de altura, que servía á vez de peche dunha finca dunha casa de pedra deshabitada.
Este derrumbe provocou danos en dita rúa e ademais entraña certa perigosidade ao circular cos vehículos motivado pola estreitez da mesma. A zona foi acordonada e sinalizada, no seu momento, por membros de Protección Civil.
Estes feitos ocurriron en ano novo, seguramente como consecuencia das choivas e o temporal deste inverno, pero despois de mes e medio os veciños cren que non se tomaron todas as medidas necesarias por parte do goberno local consistentes na retirada de escombros; xa que a situación da rúa con piso de aglomerado se vai deteriorando de maneira considerable cada día que pasa, ó que habería que sumar o risco de averías que poidan producirse nas canalizacións de auga pública e privada e na rede de sumidoiros.
“A tardanza en dar resposta a este tipo de situacións, reflexa a actitude do goberno do PSOE e os seus apoios, actitude de total desidia que converteron a Viveiro nun municipio inmerso no máis absoluto dos abandonos”.
O PP de Viveiro solicita do goberno local que se adopten, dun modo inmediato, as medidas necesarias para resolver esta situación, que afecta principalmente ós vecinos do nomeado barrio da Cruz na parroquia de Covas.