Como xa sospeitábamos dende o PSdeG-PSOE de Burela, e despois de ter a documentación das obras feitas no parque Rosalía de Castro, podemos dicir claramente que a chapuza feita dende o equipo de “desgoberno” é de campionato, podemos afirmar que as obras presentan deficiencias graves de seguridade e incumpre a normativa de parques infantís polo que os técnicos non deron a certificación a esa obra, e permanece pechada para o seu uso por parte dos nenos e nenas de Burela.
A chapuza feita é máis grave, si cabe, porque a obra xa está pagada á empresa que se encargou de facela, có que veremos o que nos custa arranxar este desaguisado ós veciños e veciñas de Burela visto que están a facer novas obras na instalación. Parece ser que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela non é quen de dar unha explicación pública do que está a pasar con esta obra, o que nos obriga a actuar como goberno e explicarlles ós veciños e veciñas de Burela esta situación, o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela esconde a cabeza debaixo da terra como as avestruces.
Esperando a que se de unha explicación de estes feitos polo equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, temos varias preguntas que facer. ¿Cando se ten pensado arranxar este desaguisado por parte do equipo de “desgoberno” de Burela e abrir a instalación?, ¿canto lle vai custar ós veciños e veciñas de Burela arranxalo?, ¿é capaz o equipo de “desgoberno” de garantir a seguridade dos nenos e nenas que usen a instalación?, ¿quen foi o responsable da xestión desta obra?, esperamos contestacións nos próximos días.
A maiores disto calquera pódese constatar que as instalacións se están a usar igualmente por parte dos nenos e nenas de Burela, có perigo que isto supón para a súa integridade física sen que ninguén faga nada por evitalo, ¿ninguén do equipo de “desgoberno” vai a ser capaz de remediar esta situación na que se está a poñer en perigo a seguridade dos usuarios?, ¿quen se vai a facer responsable en caso de que pase calquera accidente (ogallá non haxa que lamentar nada)?. Son preguntas que non nos gustaría ter que facer pero a responsabilidade nos obriga.
Estes feitos demostran claramente a maneira de xestionar deste equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, un auténtico desastre para os veciños e veciñas de Burela.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela esixímoslle ó Sr. Barcia como máximo responsable do Concello que solucione esta situación á maior brevidade garantindo a seguridade dos usuarios da instalación, xa que segundo el mesmo anunciou as instalacións serían inauguradas no pasado Nadal, e que se depuren as responsabilidades políticas que se derivan deste despropósito xa que como vemos algún membro deste “desgoberno” terá que asumir a súa total incapacidade para facer xestión pública.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



