O pasado día 13 de decembro o Alcalde de Burela e o que di ser Concelleiro de Obras do Concello de Burela sacaban unha desas fotos que tanto lles gustan no Parque Rosalía de Castro onde anunciaban a apertura inmediata das obras que se estaban a acometer no mencionado parque, e citamos textualmente: “Tal e como indicamos no seu momento a obra estará lista para o Nadal, co que unha vez máis o equipo do goberno cumpre o que di”. Pois ben, dende o PSdeG-PSOE de Burela temos que responder a isto, que unha vez máis se demostra que o equipo de “desgoberno” de Burela volta a incumprir os seus compromisos cos veciños e veciñas de Burela. Dous meses despois de este anuncio as obras seguen sen rematar, e esa nova zona de xogos segue pechada.
A raíz deste retraso o PSdeG-PSOE de Burela preguntou no Pleno Ordinario por esta cuestión e ante a resposta con evasivas do Sr Barcia estivemos a informarnos dos motivos polos que esta obra aínda está pechada, e descubrimos que parece ser que esta obra non se abre por distintas irregularidades de seguridade na mesma. Segundo as nosas informacións parece que hai problemas coas homologacións dos xogos e os técnicos responsables de certificar a obra non autorizan a súa apertura por non cumprir coa normativa existente. Á vista destes feitos temos presentado unha solicitude no Concello para que se nos entregue toda a documentación relativa a esta obra, e de ser certas as sospeitas que temos, parécenos un tema gravísimo que ten que ter unha aclaración inmediata por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela.
Estes feitos non fan máis que demostrar a inaptitude e a desidia deste equipo de “desgoberno” que son incapaces de sacar ningún proxecto para diante. E o despropósito e maiúsculo xa que esta obra que custou preto de 36.000 euros xa foi pagada, e xa veremos cando se vai a poder abrir, si é que se poida abrir nas condicións nas que está.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



