Burela, 8 de febreiro de 2014. O vindeiro luns, 10 de febreiro, ás 13 horas terá lugar a inauguración da escola de columna de Burela. O acto contará cun invitado de honra, o propio Dr.Knapp, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais. No salón de plenos do Concello será onde se desenvolverá a reunión informativa para aquelas persoas que desexen participar na escola de columna de Burela.
Diana Durán explica que “debido ao gran número de persoas interesadas en participar na escola de columna, a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade incrementa a oferta, pasando de 3 a 5 grupos de 10 persoas cada un, co cal serán un total de 50 persoas as que se verán beneficiadas por este novo programa. As persoas que figuran en lista de agarda serán chamadas seguindo a rigorosa orde de chegada”.
A edil popular lembrou que “os requisitos para poder participar na escola de columna de burela son: estar empadroados/as en burela, non presentar contraindicacións e ser maiores de 18 anos e sen límite de idade”. Finalmente, as clases impartiranse os martes de 8:15 a 9:15 horas, de 9:15 a 10:15 horas e de 10:15 a 11:15 horas e os mércores de 19 a 20 horas e de 20 a 21 horas, na aula de familia da Casa de Cultura. Ditas clases comezarán o martes 11 ou mércores 12, dependendo da quenda que elixa cada persoa.
Durán sinala que “hai anos que o Dr. Knapp desenvolveu técnicas que aumentaron a eficacia de algúns tratamentos xa empregados con éxito por escolas alemás. Os exercicios da escola de columna completaron a difícil tarefa de eliminar o dolor nas costas dolorosas. Co conxunto do método Knapp obtéñense hoxe os resultados tan positivos no tratamento – non cirúrxico – dos dolores de costas. Diagnósticos precisos e a combinación de tratamentos médicos e fisioterapéuticos personalizados, resolven hernias de disco, lumbalxias, canal raquídeo estreito, ciáticas, fibromialxias e o síndrome das costas dolorosas”.
A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade indica que “na nosa escola de columna os grupos de rehabilitación serán reducidos cun máximo de 10 persoas en cada un e unha monitora especialmente adestrada atenderá ao detalle o traballo de cada persoa. Con esta nova iniciativa social igualámonos a dúas das grandes cidades galegas, pois soamente A Coruña e Santiago de Compostela ofrecen este programa de carácter terapéutico e preventivo e no que se educa para tonificar a musculatura das costas, co fin de conseguir unhas costas e columna vertebral sen dolor, fortes e preparadas para as necesidades da vida diaria mediante sesións de exercicios físicos específicos”.
Diana Durán engade que “con iniciativas deste tipo, unha vez máis, o equipo de goberno burelés amosa que unha das súas apostas mais fortes é o benestar dos veciños e veciñas e segue a cumprir co seu compromiso social, polo que dende o Concello de Burela, a través da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade queremos ofrecer este novo servizo baseado no método do Dr. Knapp, a escola de columna, consistente na selección moi especial de exercicios que procuran rehabilitar as estruturas que mais sufriron a falta de movemento. Trátase de devolver o mais rapidamente posible a forza ás estruturas que perderon a capacidade de garantir a mobilidade intervertebral”.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



