LUGO, 11 DE FEBREIRO.- Os secretarios de Economía e de Organización, Pilar García Porto e Carlos Ferreiro, respectivamente, participaron este martes na concentración convocada por UXT e CCOO en defensa das pensións. Deste xeito, os socialistas criticaron que, mentras estas prestacións se desvinculan do IPC, o prezo que pagan as persoas de máis de 65 anos da provincia polos seus medicamentos non o fai.
“É dicir, o Partido Popular volve a dar mostra de cales son as súas prioridades para saír da crise, atacando cruelmente ós que más o necesitan. Por iso, os socialistas quixemos estar con cada un dos pensionistas afectados. Esta é a política dos Gobernos do PP: que pague o que pode”, afirmaron García Porto e Carlos Ferreiro.
Así, o mesmo día, 30 de decembro, que o Boletín Oficial do Estado recolle unha revalorización das pensións do 0,25% para 2014, tamén se publica a aplicación da suba de prezos ó que este colectivo ten que facer fronte polo consumo de fármacos. En concreto, este tope mensual sube un 1,5%. É dicir, este aumento no custe dos medicamentos é seis veces maior que o incremento que experimenta a actualización das pensións.
Segundo esta orde, os pensionistas que, en Lugo son máis de 119.000, e que teñen unha renda menor a 18.000 euros pagan un máximo de 8,26 euros ó meses dende o 1 de Janeiro (ata agora eran 8,14 euros); para rendas de entre 18.000 a 10.000 euros ese límite é de 18,59 euros (18,32 en 2013); e, en ingresos superiores, o límite fíxase en 62 euros (61,08 no pasado exercicio). Véxase a seguinte táboa, elaborada a partir do Real Decreto-Lei aprobado polo Goberno Central:
Incremento pago de medicamentos
| A partir de xaneiro | Ata xaneiro de 2014 | |
| Traballadores cunnha renda inferior a 18.000 euros anuais | 40% | 40% |
| Traballadores cunha renda de entre 18.000 e 100.000 euros ó ano | 50% | 40% |
| Traballadores cunha renda superior a 100.000 euros | 60% | 40% |
| Xubilados cunha pensión contributiva inferior a 18.000 euros ó ano | 10%, cun máximo de 8 euros ó mes | 0% |
| Xubilados cunha pensión contributiva de entre 18.000 e 100.000 euros ó ano | 10%, cun máximo de 18 euros ó mes | 0% |
| Xubilados cunha pensión contributiva de máis de 100.000 euros ó ano | 60%, cun límite de 60 euros ó mes | 0% |
| Pensións non contributivas | 0% | 0% |
| Parados que non cobren subsidio de desemprego | 0% | 40% |
| Mutualistas e clases pasivas (funcionarios do Estado, Forzas Armadas…) | 30% | 30% |
Estes límites de aportación tamén afectan ó máximo que se paga no envase dos fármacos de ATC de aportación reducida, aqueles cuxa aportación é do 10% e que inclúen os medicamentos de dispensación nas farmacias hospitalarias, e que xa pasaron a ser de pago o 1 de outubro. Para estes casos, o tope por envase é de 4,26 euros, cando ata o de agora o custe estaba fixado en 4,20 euros.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



