O Burela FS Xuvenil rematou o seu periplo na Liga Nacional ostentando o terceiro posto do podio con 33 puntos tras a vitoria fronte ao Vilalba FS (5-2). O título foi conquistado polo Azkar Lugo FS, con 36 puntos, avantaxando en ‘golaverage’ ao Santiago Futsal.
A Liga Autonómica tamén trouxo bos resultados para os representantes laranxas, con 3-0 en Cadetes fronte ao ADFS Bueu e 2-0 para os Infantís ante Os Meigallos FS.
A escola burelá viviu unha xornada goleadora en Deporte Escolar. Impuxéronse os alevíns ás Escolas Celeiro Xove por 1-10; o Cadete A tamén fixo valer a súa afinación na pista da EDM Riotorto (2-7), igual ca os Benxamíns, que gañaron ao AD Praia de Covas (2-3). No duelo cento por cento laranxa o electrónico decantouse polo Infantil A fronte ao C (6-3). O único que non puido puntuar foi o Cadete B, que caeu co Cidade de Viveiro (1-4).
Os máis pequenos tamén tiveron bo ollo para facerse cos puntos no final da primeira volta da Liga Prebenxamín da Mariña, na visita da EDM Cervo (6-3).
En amigables, o conxunto xuvenil sucumbiu á Selección Galega Cadete (1-3).
Liga Nacional Xuvenil
CD Burela FS 5-2 Vilalba FS
Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS 3-0 ADFS Bueu
Liga Autonómica InfantilDeporte Escolar
EDM Riotorto Cadete 2-7 CD Burela FS Cadete A
CD Burela FS Cadete B 1-4 CFS Cidade de Viveiro Cadete
ED Burela FS Infantil A 6-3 ED Burela FS Infantil
Escolas Celeiro Xove FS Alevín B 1-10 ED Burela FS Alevín
AD Praia de Covas Benxamín 2-3 ED Burela FS Benxamín
Liga Prebenxamín da Mariña
ED Burela FS 6-3 EDM Cervo (Prebenxamín 1)
Amigables
CD Burela FS Xuvenil Provincial 1-3 Selección Galega Cadete






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
