Santiago, 26 febreiro de 2014.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, valorou positivamente o acordo pesqueiro entre España e Portugal, porque establece unhas regras de xogo igualitarias e favorece que ambos países faenen en igualdade de condicións. Deste xeito, os barcos españois e portugueses aplicarán as medidas técnicas do país no que se realicen as pesquerías.
Sinalouno esta tarde no pleno do Parlamento, onde tamén informou de que o acordo ampara 250 buques e que deles 110 son galegos e outros 50 teñen vínculo operativo con Galicia. Ademais, indicou, favorece a arrastreiros, cerqueiros e barcos de artes menores.
Outro aspecto positivo do acordo que citou a conselleira é que favorece que moitos buques portugueses operen desde portos e lonxas galegas beneficiando economicamente a Galicia. No eido das descargas, o acordo contempla que os límites que rexan sexan os que estipule a organización de produtores do porto no que se realice a descarga, independentemente da nacionalidade do buque ou da zona na que se realizaran as capturas.
Mobilidade de terras
En canto á mobilidade de terras e á súa relación coa futura Lei do Solo, Rosa Quintana destacou a coordinación entre o seu departamento e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Neste sentido, advertiu que o corpo normativo que a Xunta está promovendo en torno á política territorial no ámbito do espazo rural (Lei de Montes, Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria, Lei de Mobilidade de Terras e Lei do Solo) busca o mesmo fin. Este obxectivo é o de compaxinar a protección do territorio co uso produtivo do espazo rural, favorecer o redimensionamento da base territorial das explotacións e pór en valor os recursos do territorio.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



