O Burela FS Pescados Rubén plantouse esta tarde no municipal de Soto del Real para reafirmarse no cume de Primeira División RFEF e non tatexou. Abandeiradas pola visión goleadora da moza Lara, por partida dobre, e a última incorporación, Daniela, as pupilas de Quico Otero non deixaron escapar os tres puntos con 2-3 final para durmir unha xornada máis entre as mellores. Despois do 0-3 do líder Navalcarnero en Gironella, as da Mariña ocupan provisionalmente a segunda praza en solitario, á espera do desenlace deste domingo do Ciudad de Alcorcón co pechacancelas, AE Vallirana.
As burelistas víronse obrigadas a loitar contra un defensa moi pechada; a moza viveirense Lara atopou con éxito o primeiro oco roldando o minuto 7, ao culminar unha serie de rexeites ao bordo do área. Co escueto 0-1, madrileñas e galegas oíron a bucina do descanso mantendo as formulacións iniciais, con numerosas ocasións laranxas ante un Soto que esperaba.
No segundo período o encontro non experimentou variacións no guión, con presión do Burela FS sobre un concentrado rival en defensa que obtivo o seu gran premio do empate nunha das súas escasas ocasións, cunha escapada de Coral pola banda que se foi en velocidade das laranxas (1-1, minuto 35). O cadro de Quico Otero temperou os nervios emerxentes e reaccionou con contundencia, en tan só dous minutos; Daniela, de tacón, completou un pase de Peque, e Lara aproveitou un rexeite da colombiana. O 1-3, a falta de tres minutos para o final, foi o revulsivo do xogo de cinco para as locais, que conseguiron anotar o 2-3, a tan só 3 segundos para o final, de Coral.
“Cumprimos co obxectivo, pero debemos seguir mellorando para atopar antes unha lectura adecuada do encontro. Custounos moito atopar os ocos dunha defensa cerradísima; esperáronos moi atrás como na primeira volta, pero soubemos ver as súas fendas para adiantarnos” valorou Quico Otero, destacando ademais a concentración das laranxas nos últimos minutos. “Malia os nervios pola reacción do rival soubemos controlar os tempos ampliando distancias con dous goles; o 2-3 chegou xa sen perigo nos últimos segundos”.
Ficha técnica
VP Soto do Real: Ana, Chili, Laura Jiménez, Coral e Marta, no cinco inicial; tamén xogaron Patricia García, Ana da Moza, Clara, Ana Senis e Tayra
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia e Lidia, no cinco inicial; tamén xogaron Lara, Cris e Daniela
Goles: 0-1, minuto 7, Lara; 1-1, minuto 35, Coral; 1-2, minuto 36, Daniela; 1-3, minuto 37 , Lara; 2-3, minuto 40, Coral
Árbitros: Sergio Caballero // Javier Rivero (Madrid)
Tarxetas: Por Soto, tarxeta amarela a Laura; por Burela FS, a Lidia e Daniela






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
