Lugo, 22 de febreiro de 2014. A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo contou nos últimos dous meses e medio coa colaboración da alumna do Mestrado en Dirección de Proxectos no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, Yana Nagaytseva, natural de Moscova, Rusia, que realizou as súas prácticas do Mestrado na institución provincial, no marco da colaboración entre a área de Cultura e Turismo coa USC, e máis concretamente a través da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo.
O pasado xoves, 20 de febreiro, rematou o período de estancia de Yana na área, durante o cal desenvolveu un plan de traballo elaborado en base á proposta realizada pola propia alumna, conformado por un breve estudo sobre turismo gastronómico na provincia de Lugo, asi como polo lanzamento dun blogue no que promociona esa rama do turismo lucense.
Para facer o estudo a alumna dispuxo dos medios bibliográficos dos que se surte a área de Cultura e Turismo ao tempo que contactou con entidades públicas e privadas para poder elaborar unha base de datos de destinos turístico-gastronómicos interesantes na provincia de Lugo. O estudo distribuiuse dous en xeodestinos, concretamente en alomenos dous lugares en cada xeodestino que conten con algunha peculiaridade gastronómica que resulte de interese encamiñado a por en valor esta circunstancia.
No que se refire ao Blog – http://lugoru.blogspot.com -, este está vinculado á web da área de Cultura e Turismo da Deputación – www.lugoterra.com – e o seu contido está dispoñible na lingua da alumna, e foi actualizado pola propia alumna coa supervisión de contido por parte da súa titora, en función dos avances realizados no estudo previo. Desta maneira, servirá para a difusión turística de Lugo no país de orixe da alumna. Ademais, Yana encargouse de difundilo tamén a través das redes sociais Facebook e Twitter, así como entre as oficinas de turismo da súa cidade, Moscova.
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, que tivo a oportundiade de coñecer de primeira man o traballo desenvolto nestes dous meses e medio por Yana Nagaytseva, afirmou que “desde a Deputación de Lugo satisfácenos ter acollido a unha alumna como Yana aberta ao coñecemento da cultura galega e á descuberta de Lugo como destino turístico con moitas potencialidades”.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



