O restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, celebra unhas xornadas dedicadas ó cocido dende este xoves, 27 de febreiro, ata o 5 de marzo. Ofrece un menú por 20 euros persoa e diversas racións a 5 euros. O menú está composto por sopa ou caldo de primeiro; de segundo inclúe cocido con lacón, panceta, cabeza, soá, chourizo, garavanzos, grelos e cachelos, ademais de filloas, viño, auga e café. Durante estas xornadas A Dorada tamén ofrece racións de dez preparacións diferentes elaboradas con carnes de porco a 5 euros: callos, androlla, costela, chosco, lacón, mans de porco, morros, orella, rabo e zorza. A Dorada do Cantábrico está na ría Virxe do Camiño, 14, de Ribadeo. Tamén poden facerse reservas chamando ó teléfono 982 129 608.
Xornadas do cocido en A Dorada do Cantábrico
Xornadas do cocido en A Dorada do Cantábrico
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura