Ribadeo, 25 de febreiro de 2014.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, lamentou que o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, faga propaganda coa situación de dificultade pola que están a pasar algunhas familias do municipio.
O dirixente popular censurou as declaracións efectuadas polo rexedor convertendo no que definiu como marketing político o obrigado apoio que desde os Servizos Sociais municipais se lles prestou a algúns veciños que non puideron facer fronte aos recibos da luz.
Os populares consideran que as axudas de emerxencia social que promove o Concello de Ribadeo en apoio das familias de dificultade son una actividade ordinaria e de obrigada realización polos Servizos Sociais e que facer delas unha “venta política” é unha actitude moi criticable e moralmente inaceptable.
REPECTAR A PRIVACIDADE E TRABALLAR CON DISCRECIÓN
O presidente dos populares esixe a rexedor respecto á privacidade dos veciños que fan uso das axudas de benestar, por canto un comportamento distinto podería ser contraproducente e algunha persoa necesitada de axuda non chegar a solicitar este apoio por non ver o seu caso mencionado polo alcalde nos medios de comunicación.
En segundo lugar López Penabad tamén pide que se deixe traballar con discreción aos profesionais dos Servizos Sociais que terán que outorgar as axudas que estimen oportunas, en función das necesidades que se presenten en cada momento e da situación económica das familias afectadas.
UN GOBERNO QUE ACTÚA
En todo caso e, en relación coa dificultade de moitas familias para facer fronte ao incremento do recibo da luz, Jesús López Penabad lembrou que tanto o Goberno central como o Partido Popular no Parlamento de Galicia veñen de rexistrar diversas iniciativas para intentar corrixir esta situación.
“Por primeira vez un Goberno toma cartas no asunto. Anula a poxa eléctrica e modifica o procedemento de fixación de prezos para evitar que siga subindo a factura”- lembrou López Penabad- “Ademais no Parlamento galego fai días coñecíamos en voz do representante popular na nosa comarca, Jose Manuel Balseiro, que se rexistraba unha iniciativa para que se defina o concepto de consumidor eléctrico en situación de vulnerabilidade e, deste xeito, se establezan os apoios reforzados que, por riba da actuación dos Servizos Sociais, pode dárselle a estas persoas que non poden afrontar coa súa renda o incremento dos recibos por consumo de electricidade”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



