O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, participou este venres en Santiago na reunión da Comisión de Seguridade Vial do Parlamento, na que instou novamente á Xunta a desbloquear o proceso de transferencias de titularidade de estradas entre ambas Administracións, que a Xunta mantén paralizado dende 2009, e a cumprir con outras obrigas pendentes, como a limpeza das marxes das estradas.
Martínez insistiu no tremendo esforzo económico e de medios que supón para a Deputación mellorar e conservar nas mellores condicións posibles, subliñando que “este bloqueo inxustificado tamén é unha discriminación ós lucenses que son, en último termo, os que teñen que asumir o elevado custe que supón manter os máis de 4.200 quilómetros de rede viaria provincial, a máis extensa de España, cunha media de tráfico de 300 vehículos diarios”. De feito, a Xunta conta con pouco máis de 1.000 quilómetros de estradas baixo a súa titularidade, malia contar cun orzamento 100 veces maior. Martínez destacou que esta paralización “é especialmente inxusta cos lucenses tendo en conta que este mesmo proceso, no caso do resto de provincias galegas, recibiu unha resposta positiva por parte do Executivo autonómico”.
Retirada de árbores das marxes
Do mesmo xeito, tamén insistiu na denuncia que a institución luguesa vén facendo dende hai tempo, relativa ó incumprimento por parte do Goberno de Feijóo da lexislación vixente en materia vial. Martínez lembrou as numerosas ocasións nas que, en calidade de Deputado de Xestión Territorial, requeriu por escrito á Xunta de Galicia e, en particular á Consellería de Medio Rural que “cumpran a Lei, talando as árbores situadas en zonas de arboredo baixo a súa xestión”, que non cumpren os criterios establecidos na Lei de Estradas de Galicia que, no seu artigo 35, obriga á Administración autonómica a manter limpa unha franxa de 7 metros das marxes das estradas. “Este incumprimento pon en perigo a seguridade dos usuarios das estradas provinciais, en primeiro lugar e, tendo en conta que o custe medio de cada saída para retirar unha árbore caída na estrada é de 350 euros, estas incidencias veñen supoñendo un custe anual medio de máis de 80.000 euros, que todos os lucenses estamos a pagar de máis todos os anos”.
Por outra banda, Manuel Martínez tamén informou de que a Deputación reclamará ó Ministerio de Fomento o acondicionamento das estradas provinciais no entronque da A-54, entre Palas e Guntín, que sufriron danos polas obras da autovía Lugo-Santiago.
21 millóns para 4.200 quilómetros
Manuel Martínez deu conta á Comisión de Seguridade Vial da inversión prevista polo organismo provincial para 2014 na mellora da rede viaria, un total de 21 millóns de euros para acometer un novo plan de actuación en todos os Concellos. Estes 21 millóns correspóndense co orzamento de 15 millóns de euros dun plan de mellora que empregará os medios do Parque Móbil para a súa execución -3 millóns de euros menos que de recurrir á contratación externa-, e outros 6 millóns do Plan de Conservación de Estradas 2014. Estas dúas actuacións compleméntase con outras xa realizadas polo organismo provincial, que multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente; sinalizou toda a rede viaria tras décadas de abandono con máis de 3.400 sinais; e instalou 13.000 metros de barreiras de seguridade, dos cales máis de 4.700 son de protección específica para os motoristas.
O Deputado tamén explicou na Comisión o operativo de mantemento e invernal do organismo provincial, con máis de 50 máquinas e 100 operarios en alerta as 24 horas para manter en perfectas condicións a rede viaria provincial,
Outras medidas
Finalmente, Martínez lembrou as numerosas colaboracións en materia de prevención e seguridade vial con colectivos como asociacións de ciclistas, empresarios da madeira e outras industrias xeradoras de tráfico pesado. Outras medidas que xa aplica o organismo provincial para mellorar a seguridade vial son a colaboración cun proxecto pioneiro pensado para reducir a sinistralidade provocada pola fauna salvaxe, e a redución da velocidade máxima en núcleos rurais ata os 30 ou 50 quilómetros por hora dependendo das características do vial.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



