O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten, para o ano 2014, un orzamento de 3.326 millóns de euros, que é case 400 millóns máis baixo que en 2010. As externalizacións e os concertos con centros privados aumentaron de forma extraordinaria; representan xa preto do 50% do presuposto total xunto co gasto en farmacia e material sanitario, que segue a ser moi elevado (1335 millóns de euros). O descenso orzamentario afecta sobre todo ao gasto en persoal (pola destrucción de prazas e a reducción salarial, descende un 14% respecto a 2010 e representa o 44% do total). Con tanto gasto comprometido para a actividade privatizada e a factura das farmacias, o Sergas só dispón do 5% do presuposto para todo o demáis (obras, dotación, equipamento, funcionamento etc.), a todas luces insuficiente. Os actuais gobernantes levaron a situación a tal extremo que o Sergas ten cegada toda posibilidade de investimento e mellora, situación terrible para calquera organización que queira ser punteira.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) ven de facer público un excelente informeno que deixa ben ás claras a estratexia privatizadora impulsada polo PP en Galicia. A forma de actuar é a mesma que empregan no ámbito educativo: recortan os orzamentos, reducen o persoal e desprestixian o seu traballo, e despois ceden a empresas privadas o labor que viñan realizando os empregados públicos. Núñez Feijóo, experto privatizador (a nefasta experiencia das Fundacións Sanitarias e a privatización de Correos figuran no seu currículo), impulsou esta liña de actuación desde o primeiro día en Monte Pío. A folla de ruta é ben clara: fragmentan a sanidade pública en diversas áreas de actividade para proceder logo á súa privatización. Deste xeito destrúen postos de traballo e descapitalizan os centros públicos; non garanten unha mellor calidade na prestación pero sí que provocan, en todos os casos, un maior custe económico. Neste estudo destacan, pola súa repercusión negativa para o futuro, a privatización de alta tecnoloxía (mediante a curiosa figura legal chamada “socio tecnolóxico”) que queda en mans das propias empresas subministradoras, e serán as que decidan que tecnoloxía se implementa e onde se sitúa: aumentará o gasto e o uso excesivo e inadecuado destes recursos, como se demostrou noutros estudos. Tamén é unha substracción moi relevante a entrega a mans privadas da docencia, a formación e a avaliación de tecnoloxías; o sistema público perde o control dunha área fundamental: a investigación e o coñecemento que permiten construír o futuro.
Con esta táctica o PP entregou xa a mans privadas parcelas moi amplias dos centros sanitarios: o servizo de ambulancias, as telecomunicacións do Sergas, o almacenamento e suministro de material, o mantemento dos equipos sanitarios, a historia clínica (Ianus) e a receita electrónica, a central de chamadas (que presta un servizo penoso), a alta tecnoloxía etc. Agora pretenden privatizar os servizos de esterilización de todos os centros sanitarios de Galicia, unha decisión de alto risco e que pode deixar sen traballo a preto de douscentos profesionais. O citado documento, que cómpre ler polo miudo, revela cales son as empresas beneficiadas polas privatizacións, sinala os numerosos conflitos de interese existentes nas decisións políticas e destapa o papel cómplice das empresas consultoras neste acelerado proceso privatizador, e os seus vínculos co entorno do partido gobernante.
A ADSPG remata o seu escrito facendo un chamamento: “Hai que parar este desmantelamento ilexítimo e seguramente ilegal do noso Servizo Galego de Saúde”. Se non somos capaces de frear esta estratexia privatizadora, no futuro será moi difícil recuperar a titularidade pública dos servizos privatizados. Cómpre actuar xa, sen máis demora.
Pablo Vaamonde.
http://pablovaamonde.blogspot.com.es/
*Artigo publicado conxuntamente polos medios da Asociación de Medios en Galego (AMEGA).




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



