Estamos seguros de resultar baladí o pretender descubrir, ós posibles lectores, a personalidade de quen, sendo crego en parroquia chairega,, é profesor, escritor, narrador e poeta, , mago; actor, autor e director teatral, animador social e cultural,humorista…. Todo eso, e mais, abarca a complexa compoñenda, plena de humanidade e sen lindes para a xenerosidade, de quen no DNI figura ser Xosé Manuel Carballo Ferreiro.
Anda polo medio século que o cronista disfruta da amizade do singular e xenial persoeiro co que o infortunio fixo coincidir, hai preto dun ano, no HULA, afectados ambos de doenzas distintas.Él, con pronóstico grave, foi intervido quirúrxicamente e, nas vésperas dixéranos: “ Eu non tiro a toalla e vou solicitar prórroga…. “ Quedou sen voz, instrumento capital para alguen da tan frenética actividade ,que leva por bandeira a prédica dos valores morais e humanos que a cotío constata na vida persoal e social como modelo a seguir, cal verdadeiro “mestre da vida”. A vontade e constancia; o dinamismo, esforzo e a fe, lograron superar o grave atranco e o xornal acaba de espallar a nova: Carballo volve ós escenarios que lle deron tanta sona e pòpularidade, admiración e afectos por Galicia adiante… Tramitou a instancia para a prorroga que nos anunciara e “¡veulle aprobada1!”,,, Mantivo ó longo de moitos anos grande relación coa Mariña, que nunca rachou,e onde conta con tantos amigos, foi éste marco de transcendentais vivencias, como as referidas á formación intelectual, vocacional e human. Infinda e frecuente a súa `presencia nas nosas vilas e pobos para traernos a mensaxe que só transmiten os corazóns limpos e xenerosos, polo vieiro da cultura,_con obras teatrais; dando pregóns; participando en festivais benéficos; en centros educativos impartindo charlas e ofrecendo ós rapaces o virtuosismo da maxia e do humor .Incontables as sempre celebradas relacións que mantivo Carballo cos nosos pobos e que estamos seguros non tardarán en ter novas edicións. Unha presenza sempre didáctica, leda e reconfortante…. Que así sexa, Gran Mestre.
Suso Fernández