Xa se foi o Antroido, cousa boa pouco dura e agora vén a cuaresma que é a festa dos curas, porque a sardiña morreu e lévarona enterrar medio cento de malandrins , as autoridades e un cura e un sacristán. Así era antes, así algo retocado faise nestes tempos de choros e crises en cada localidade que ainda ten folgos e perras para facer o cortexo que leva á sardiña ao lume de donde voltara de aquí a un ano, para volver desafiar os tempos escuros, dar renda solta á transgresión e malgastar anarquía, originalidade e descaro; a dar vida, en suma, a outro antroido que nos pasaruas e desfiles olvida cada vez mais as nosas tradicions para mal copiar outras alleas. A eterna maldición de o noso “Malinche” particular.
E toca volver facelo, como antes, porque, por fortuna, malia as demasiadas adulteraciones ás que se someteu a leste festexo, ¡hai que ver como lles pode unha cámara de televisión e un postureo rosa!, este ano recobrouse bastante do que foi, logo da aciaga edición pasada na que se sucederon os despropósitos que desnaturalizaron, como nunca, a que é a festa máis importante da cidade por maioritario referendo popular. ¡Que a festa saíu de abaixo e se engrandeció cos de abaixo!
E postos a irse, falando agora doutra cousa, dados a situación dos nosos politicos locvais , non poucos dos que andan en tarefas e estratexias políticas deberían ir pensando en mandarse a mudar, visto o descreimiento, que segue in crescendo, da cidadanía cara a eles e as súas mensaxes redentoristas. Aí está o sondeo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), , constatando que fronte ao optimismo oficial a inmensa maioría fundese cada vez máis no pesimismo, a súa preocupación polo paro non deixa de medrar e outro tanto ocorre coa corrupción e a fraude. Así está A Mariña, sumidos todos na postración e sen crerse nada. E nada é porque si. A desconfianza é consecuencia de demasiados desenganos.
Quen si se foron, sen culpa, sen querelo, por mor da barbarie asasina, son os 191 inocentes cidadáns que morreron nos atentados do 11 M, dos que o pasado martes cumpreuse dez anos. 191 mortos e máis de mil feridos. Fagamos o exercicio desgarrador de enumerar un a un os seus nomes, así ata 191. Nomes de verdade. De persoas de verdade que xa non están. Non os podemos esquecer. Por eles tampouco podemos esquecer que non valen as mentiras. E este país xa tiña que haber aprendido de unha puñetera vez.
Otero Regal.