Burela, 15 de marzo de 2014. O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade realizará unha serie de actividades para traballar no fomento da igualdade e da non discriminación racial.
O vindeiro venres, 21 de marzo, é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, “por ese motivo á entrada do mercado municipal instalarase unha mesa informativa dirixida a toda a poboación, na cal se poderán recoller folletos informativos sobre a área de integración de inmigrantes e tamén información e asesoramento, así como deixar unha mensaxe ilustrativa sobre o fenómeno da inmigración e a discriminación nun Libro de Firmas”, explicou Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.
Tamén se convocan dous concursos: I Concurso de Lemas e I Certame de Debuxo-Pintura. A edil popular sinalou que “no I Concurso de Lemas poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Burela e /ou escolarizadas en calquera dos centros educativos do municipio, debendo ser un lema significativo e relacionado co tema proposto e a persoa gañadora será a que distinga a celebración deste día para o próximo ano. E o I Certame de Debuxo-Pintura está dirixido ás mesmas persoas participantes e haberá dúas categorías, por grupos de idade, e unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e Eu Son. Ambos concursos están abertos ata o día 21 de abril e pódense consultar as bases nas dependencias do Programa de Atención a Inmigrantes na Casa do Concello ou na páxina web municipal”.
O Programa de Atención a Inmigrantes de Burela quere levar adiante un ciclo de cine infantil para traballar os valores da igualdade e da non discriminación, “intentando dun xeito máis lúdico sensibilizar aos máis pequenos da importancia e necesidade de manter boas relacións cos iguais e fomentar a tolerancia e convivencia intercultural, dotando ás nenas e nenos de coñecementos que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno. As datas están por concretar”, dixo Diana Durán.
A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “tamén se realizará unha charla informativa sobre o empadroamento, neste caso, dirixida ás persoas estranxeiras residentes no noso municipio, na que se informará da normativa básica do Padrón de Habitantes (inscricións no Padrón, caducidade e renovación, autorizacións…), tema fundamental, posto que este procedemento é imprescindible para poder optar a outros recursos como sanidade, escolarización, axudas sociais…”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



