Coa celebración da concentración, onte no Hospital da Costa e nas das diferentes áreas sanitarias de Galiza culminaba a primeira semana de asembleas abertas convocadas polas organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT, C-SIF e SAE. Con estas mobilizacións demandan do Sergas un xiro radical nas súas políticas sanitarias, que sente a negociar coas organizacións sindicais e a paralización da privatización do servizo de esterilización. Ante a actitude inmobilista do Sergas confirman a convocatoria de manifestacións en todas as comarcas para o vindeiro día 26 de marzo.
CIG SAÚDE explica que con estas mobilizacións o persoal da sanidade pública manifesta a súa disconformidade coas políticas privatizadoras emprendidas polo PP e a súa disposición a plantarse diante do desmantelamento e descapitalización da sanidade pública.
A central nacionalista acusa ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo de intentar manipular á opinión pública ao dicir que non se está a privatizar a sanidade porque cando unha persoa é atendida nun centro sanitario privado non vai ter que pagar. “O problema é que a sanidade pública, que se financia cos impostos de todas e todos nós si vai ter que destinar parte do seu orzamento a financiar a sanidade privada en lugar de investir eses cartos en garantir a atención na sanidade pública”.
Para CIG-Saúde é “lamentábel” que Feijóo poña ao mesmo nivel sanidade pública e privada e que defenda que a prestación sanitaria recibida nun centro privado tamén é sanidade pública, cando o que isto significa “desmantelar a pública en beneficio da privada”.
Denuncia, xunto a isto, o incremento das partidas orzamentarias destinadas a financiar a privatización dos servizos, pagando un custe maior por eles cunha peor calidade e destruíndo ademais emprego público.
Reclama a inmediata paralización do proceso de privatización do servizo de esterilización e a reversión ao Sergas de todos os servizos privatizados. “Gañariamos en calidade e aforrariamos en orzamento”.
A CIG-Saúde lembra que a sanidade pública e patrimonio de todos/as os galegos/as e fai un chamamento a participar masivamente nas manifestación convocadas o vindeiro día 26 de marzo na súa defensa.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



