Ribadeo, 15 de marzo de 2014. Ribadeo é o único concello da provincia de Lugo que participará no proxecto A astronomía ao alcance de todos, que se presentou en Santiago de Compostela e que contempla a realización de diversas actividades nos vindeiros meses. Entre as previstas figuran dúas observacións na praia das Catedrais en xullo.
O concello de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, contou que “nas últimas horas presentouse no reitorado da Universidade de Santiago de Compostela o proxecto A astronomía ao alcance de todos, que será financiado polo Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía e será dirixido polo director do observatorio astronómico Ramón María Aller, José Angel Docobo”.
O edil nacionalista subliñou que “O de Ribadeo é o único concello da provincia de Lugo que participa xunto con outros seis de Galicia neste proxecto. En Ribadeo haberá un cursiño de verán no observatorio da Casa da Ría, tamén se realizarán actividades docentes con algún colexio, actividades astronómicas en dúas parroquias e dúas observacións no mes de xullo na praia das Catedrais. As datas previstas para ditas observacións nese areal son os días 17 e 18 de xullo”.
Cupeiro lembrou que “hai uns anos José Angel Docobo tróuxonos a Ribadeo tamén un curso sobre estímulo de talentos matemáticos, e por iso desde o Concello pretendemos que os nenos e nenas se ilusionen co mundo das matemáticas, da física e da astronomía e que os maiores poidamos entender un pouco máis do mundo celeste”.
O concelleiro de Medio Ambiente tivo palabras de agradecemento para José Angel Docobo “polo esforzo que fixo e que fai sempre que pode por Ribadeo”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



