A Aula CeMIT de Foz (nas dependencias da Casa da Xuventude) acolleu un curso de iniciación a Internet durante a semana do 17 ó 21 de marzo, en horario de 17.00 a 19.00 horas. Esta actividade foi organizada pola Delegación da Muller do Concello de Foz, que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso, e a Asociación de Amas de Casa de Foz. Este luns 24 comeza outro curso para a asociación AFAMMER, tamén de iniciación a Internet e no mesmo horario.
