Nuncabunga (Elefante elegante) é un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. A acción desenrólase nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construiu o seu fogar. As súas habitudes e rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fora. Esta aparición ven perturbar a aparente calma do lugar. Serán eles capaces de vivir no mesmo espazo? María Torres e Gonçalo Guerreiro porán enriba do escenario do Teatro Pastor Díaz de Viveiro este espectáculo da súa autoría que gañou o premio María Casares 2013 ó “Mellor Espectáculo” (a primeira vez que un espectáculo infantil gaña este premio). Será o sábado 29 de marzo a partir das 18.00 horas.
