Eu denuncio, como o poeta, aos que queren acalar a voz da xustiza, polas promesas incumplidas e as mentiras institucionalizadas. Aos que pretenden silenciar, como o fixeron con Neruda, o discurso crítico que desmantela a fraude antidemocrático. A palabra entón trasládase á rúa, ás alamedas. A berrar o sagrado dereito de defensa dos cidadáns enganados e condenados a pagar as malas mañas duns poucos ávidos especuladores e os seus títeres políticos.
Eu denuncio aos que queren substituír os dereitos á saúde, a educación e o emprego pola vida na miseria; aos que promoven e esgazan a liberdade de expresión coa coacción de normas propias dunha ditadura. Eu denuncio aos que intentan, con falacias, substituír o proveito colectivo polo fin de lucro, o público polo privado, o interese xeral polas plusvalías dunha minoría. Eu denuncio aos políticos que amparan que bens esenciais para a vida como a auga, a educación e a saúde estean en mans de empresas con ánimo de lucro. Eu denuncio ás grandes empresas, eléctricas, de telecomunicaciones, á banca, pola fraude sistemática aos cidadáns e ao saqueo das arcas públicas. Eu denuncio aos poderes públicos, pola cantidade de nenos, anciáns e familias enteiras sen fogar cunha existencia miserenta. Eu denuncio aos culpables dunha lei electoral antidemocrática confeccionada para a alternancia do poder dos que non cuestionan este sistema que produce enormes desigualdades sociais. Eu denuncio a hipocresía da Igrexa catolica, apostolica e roman, o seu boato e falta de sensibilidade cara aos verdadeiros males deste mundo e a sua cohabitación cos poderosos. Eu denuncio aos lobbies químico-farmacéuticos cuxo máximo negocio é manter enfermos, non curalos, porque para eles cada enfermidade é un negocio millonario. Eu denuncio aos malandros enriquecidos a costa do sufrimento de seres humans. Eu denuncio ao gobernos do estado, Galicia e concellos varios por antidemocráticos, por atentar contra as liberdades e o interese xeral dos cidadáns, os dereitos constitucionais e os dereitos humans e esixo a súa dimisión.
Otero Regal.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



